A planificación do solo no urbanismo romano e o modelo actual de cidade

Rosalía Rodríguez López

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 22, 2012
Resumo

A civilización romana asimilou o modelo urbanístico grego de convivencia social, e ordenou o territorio do Imperio conforme á evolución da civitas e do cidadán; para iso, as autoridades públicas puxeron en práctica variados tipos de cidade, e tras cada un deles existía unha ideoloxía política, e unhas aspiracións cidadás. A súa experiencia, na que podemos referir luces e sombras, ha de servirnos de reflexión ante os grandes retos que se formulan nas cidades actuais, aos cales se alude nalgúns epígrafes deste artigo. O Dereito actual, ao igual que o fixo o Dereito romano, trata de ordenar o territorio, e de reconducir a construción privada conforme a principios de interese público

Detalles do artigo

Palabras chave:
Roma, Urbanitas, lei do solo, rede de cidades, modelo urbano, barreiras arquitectónicas.