Consideracións xerais sobre a soberanía e 0 federalismo na constitución española de 1978

Javier Ruipérez Alarnillo

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 22, 1999
Resumo

Unha das cualidades que con maior frecuencia se destacan da Constitución española de 1978 é, como é sobradamente coñecido, o carácter consensual desta. Así, se repite ata a saciedade, e tanto por parte da clase política como pola académica, que o vixente Código xurídico-político fundamental é o único texto constitucional da nosa Historia que pode presentarse como o froito do acordo das distintas forzas políticas representadas na constituínte. Non é, obviamente, este o momento oportuno para deternos a determinar se esta última afirmación é totalmente certa, ou se, pola contra, existe nela algunha dose de esaxeración, interesada ou inxenua, que tende a esquecer que xa houbo en España algúns textos froito do consenso. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
Constitución española, españa, referendum, consenso, histórico, estado federal, estado constitucional, significado jurídico-político, supremacía, poder