Xornadas sobre o novo regulamento das telecomunicacións

Ana Ma Giráldez Riveiro

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 22, 1999
Resumo

Estamos asistindo ó cambio máis transcendental na ordenación das telecomunicacións que tivo lugar en toda a historia do noso país, un marco no que todo é novo e todo está por facer, onde o grande reto da nosa sociedade será a capacidade de adaptación—. Esta foi a idea central sobre a que xirou o desenvolvemento das xornadas acerca do novo regulamento das telecomunicacións, realizadas na Escola Galega de Administración Pública os días 9 e 10 de decembro de 1998, xornadas que destacaron pola súa especial intensidade, a asistencia dun público especializado e moi interesado, así como pola calidade dos relatores e pola presencia de voces de recoñecido prestixio no mundo das telecomunicacións.

Detalles do artigo

Palabras chave:
telecomunicacions, Lei 11/98 , Directiva 96/19/CE da Comisión, servicio telefónico básico e as infraestmcturas de telecomunicacións, Liberalización das telecomunicacións, Lei xeral de telecomunicacións, Telefonica de españa, Lei 12/1997, Lei 11/1998.