Solo de núcleo rural

Javier Bugallo Thielen

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2012
Resumo

O presente artigo versa sobre a definición e regulación que, dos núcleos rurais galegos, se realizou na lexislación urbanística, cun breve percorrido descritivo polos distintos marcos normativos, dende a Lei do Solo de 1956, de carácter estatal, ata a vixente Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, de carácter autonómico, e as súas modificacións posteriores. Desenvólvese en tres capítulos, o primeiro deles, introdutorio, relativo ao sistema de asentamentos de poboación no territorio galego; o segundo, relativo á regulación dos núcleos rurais na lexislación urbanística; e o último, referido ao vixente marco lexislativo autonómico e aos criterios establecidos para a súa delimitación.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Sólo, núcleo, rural galego, lexislación urbanística