O encadramento xurídico financeiro da administración local
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 23, 1999
Número: Vol. 1 Núm. 22 (1999)
Resumo
As comunidades autónomas foron as principais beneficiarias deste proceso descentralizador. 0 aumento da participación dos entes locais no gasto público total é pouco significativo. Estas afirmacións adquiren maior énfase se se ten en conta que o proceso de transferencia de competencias estatais ás comunidades autónomas continúa e continuará incrementando significativamente a súa capacidade de gasto. Baste lembrar que as comunidades autónomas chamadas de "vía lenta" non asumiron competencias tan relevantes desde a perspectiva do gasto como a educación ou a sanidade; así, pode resultar ilustrativa a situación de Galicia como autonomía que xa asumiu as competencias citadas.
Detalles do artigo
Palabras chave:
facendas locais de galicia, transferencia de competencias, comunidades autonomas, entidades de reximen local, FEDER, Fondo de Cohesión, Programa operativo local, URBAN, LEADER II, ADAPT, EMPLEO, INTEGRA, LIFE, Banco Europeo de Investimentos.