Infraccións e sancións
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 23, 1999
Número: Vol. 1 Núm. 23 (1999)
Resumo
Antes de entrar a analiza-la regulación contida na lexislación urbanística de Galicia respecto das infraccións e sancións, resulta indispensable sinalar que nos movemos dentro da órbita do dereito administrativo sancionador e que, polo tanto, a propia regulación das infraccións e sancións e os correspondentes procedementos, deben respecta-las disposicións contidas no título IX -«Da potestade sancionadora»- da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xa o Tribunal Supremo considerara que o dereito administrativo sancionador debía someterse ós principios básicos do dereito penal.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Lei 4/1999, Lei 30/1992, Tribunal Supremo, dereito penal constitucional, procedemento administrativo, dereito do presunto responsable, presunción de inocencia, Real Decreto nº 1398/1993, Boletín Oficial do Estado, Lei orgánica 10/1995
Artigos máis leídos do mesmo autor/a