Medidas de protección e restauración da legalidade urbanística

Hipólito Pérez Novo

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 1999
Resumo

A orde urbanística establecida polas leis e plans urbanísticos faise efectiva en último extremo mediante o control que a Administración exerce a través das licencias. A peza chave para garanti-lo cumprimento do ordenamento urbanístico constitúea a licencia urbanística, mecanismo de intervención administrativa preventiva no uso do solo e da edificación que ten por finalidade esencial comprobar que as actividades proxectadas se axustan ó ordenamento urbanístico vixente. A licencia urbanística constitúe desta maneira o título que lexitima e lles dá cobertura xurídica a tódalas actividades materiais de edificación e uso do solo. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
urbanísticas, licenzas, vixente, transformación, actos documentais, LSG, conformidade