Discursos parlamentarios de Montero Ríos na restauración borbónica (1874-1923)

Margarita Martínez; Emilia García

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2000
Resumo

A presente obra é a continuación da publicada hai un tempo pola EGAP (Discursos parlamentarios de Montero Ríos no sexenio democrático (1868-1873), que xa foi comentada por nós nestas mesmas páxinas. Ámbolos dous volumes forman parte dun proxecto de investigación dirixido por Ramón Villares e titulado «Montero Ríos e o seu tempo», encamiñado a resucita-la figura do gran político galego, un tanto esquecido pese á importancia que tivo no seu tempo. Don Eugenio Montero Ríos (1832-1914) é un dos políticos relevantes do século XIX e do cambio finisecular en España.

Detalles do artigo

Palabras chave:
discursos parlamentarios, Montero Ríos, sexenio democrático, Congreso, Senado, República, Monarquía, Alfonso XIII, golpe de Pavía, Martínez Campos, Rei, España