Ética e emprego público en tempos de incerteza

Manuel Villoria Mendieta

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 24, 2015
Resumo

Este texto, baseado na literatura sobre a ruptura do contrato psicolóxico, realiza unha reflexión sobre os posibles efectos que a situación actual do emprego público —sometido a importantes recortes salariais e de dereitos— puidese ter no comportamento dos empregados públicos en España. A este risco para o bo goberno, súmase a percepción xeneralizada de corrupción política entre os propios funcionarios e, ata certo punto, a tradicional debilidade da nosa cultura da legalidade. Para facer fronte a esta perigosa situación, cómpre realzar a importancia do clima ético nas organizacións, un clima que se reforza coa formación en ética e o desenvolvemento de políticas de integridade organizativas.

Detalles do artigo

Palabras chave:
contrato psicolóxico, cultura da legalidade, corrupción, clima ético, servizo público, dereitos laborais.