O desenvolvemento lexislativo do Estatuto básico do empregado público en tempos de crise: a nova Lei do emprego público de Galicia
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 24, 2015
Número: Vol. 1 Núm. 49 (2015)
Resumo
O presente traballo pretende ofrecer unha visión xeral da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, que se ditou para desenvolver o Estatuto básico do empregado público no ámbito das competencias lexislativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Para iso abórdanse en primeiro lugar as cuestións xerais da lei (antecedentes, estrutura e obxecto e ámbito de aplicación), expóñense a continuación as principais novidades que a mesma introduce no réxime do emprego público das administracións públicas galegas e remátase cunhas reflexións conclusivas sobre as dificultades que o desenvolvemento do Estatuto Básico supón en tempos de crise económica e de financiamento do sector público.
Detalles do artigo
Palabras chave:
emprego público, función pública, Comunidade Autónoma de Galicia, Estatuto básico do empregado público.
Artigos máis leídos do mesmo autor/a