Consideracións sobre a problemática da autonomía financeira das cámaras lexislativas. Referencia específica ó Parlamento de Galicia
Contido principal do artigo
							Publicada: Mar 20, 2020
						
																		
						Número: Vol. 1 Núm. 12 (1996)
				
					
															
				
								
			
			
			
							Resumo
						
						A Constitución española de 1978 deseña un modelo de Estado que cualifica de social e democrático de dereito, que se basea esencialmente nos principios de distribución horizontal e vertical do poder político. A distribución horizontal é a consecuencia de ter asumido os constituíntes, mesmo sen mencionalo expresamente no texto, a máis tradicional concepción da división de poderes, de tal maneira que o lexislativo, o executivo e o xudicial, se ben son independentes entre si, contrólanse respectivamente. A forma política adoptada responde ó esquema do sistema parlamentario racionalizado, no que o Goberno se integra no Parlamento e, pola súa vez, é elixido e depende da confianza das cámaras.
Detalles do artigo
																Palabras chave:
							
							
																	problemática, 																	autonomía financeira, 																	cámaras lexislativas, 																	Parlamento de Galicia, 																	Constitución Española 1978, 																	cortes xerais															
						 
						