A participación das rexións italianas na formación das decisións comunitarias

María Antonia Arias Martínez

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 20, 1996
Resumo

A Constitución italiana de 1947  prevé o establecemento dun Estado rexional. O principio da autonomía rexional consagrado na Carta Constitucional desenvolveuse en dúas etapas. Nunha primeira, de 1946 a 1948, creáronse as cinco rexións de Estatuto especial (Sicilia, Sardeña, Val de Aosta, Trentino-Alto Adige en 1946-1948, e en 1963 Friuli-Venecia Julia), e nun momento posterior, concretamente en 1971, aprobáronse os estatutos das quince rexións ordinarias. A diferencia básica entre unhas e outras xace no nivel de competencias. Mentres as do Estatuto especial teñen competencias exclusivas, concorrentes e de execución, as de Estatuto ordinario posúen unicamente competencias concorrentes e executorias. As rexións poden acudir á Corte Constitucional cando estimen que unha lei de Estado invadiu a súa propia esfera de atribucións.

Detalles do artigo

Palabras chave:
participación, rexións italianas, formación, decisións comunitarias, constitución italiana 1947, estado rexional, carta constitucional, Sicilia, Sardeña, Val de Aosta, Tentino-Alto Adige, Friuli-Venecia