O réxime xurídico da servidume de protección tras a reforma da Lei de costas
Contido principal do artigo
Resumo
O estudo efectuado destaca o carácter primordial da costa e a importancia da súa preservación no marco dun desenvolvemento sustentable. Para iso cómpre analizar a Lei de costas de 1988 e a súa controvertida reforma contida na Lei 2/2013, valorar a súa incidencia polo que respecta á delimitación do dominio público marítimo-terrestre e á regulación das servidumes. Así mesmo, procede dedicar unha especial atención á servidume de protección, incidindo na súa xustificación e motivación, estudando a súa configuración, facultades e limitacións, aludindo con carácter específico ao réxime da disposición transitoria terceira da Lei de costas, así como á situación dos núcleos tradicionais de costa pola singularidade que presentan.
Detalles do artigo
Número
Sección
Estudos