Reflexións sobre o fomento do deporte nun Estado descentralizado

Contido principal do artigo

Andrea Garrido Juncal

Resumo

O estudo das responsabilidades asumidas polos poderes públicos no ámbito deportivo exixe unha análise previa do noso ordenamento xurídico. A comprensión dos dous preceptos constitucionais que aluden ao deporte, os artigos 43.3 e 148.1.19ª, aconsella unha reflexión sobre a eficacia xurídica dos mandatos recoñecidos no capítulo III do título I da Carta Magna, sobre a descentralización do modelo organizativo do Estado positivizado no título VIII da norma fundamental e sobre algúns conflitos que xorden como consecuencia da asunción por parte das entidades locais da función de promover o deporte.

Detalles do artigo

Sección

Estudos

Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)