A moderna configuración da doutrina do abuso do dereito
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 20, 2015
Número: Vol. 1 Núm. 50 (2015)
Resumo
A obra obxecto desta recensión aborda, de forma rigorosa e exhaustiva, o exame da configuración actual da doutrina do abuso do dereito no ordenamento español. Para iso, o seu autor, ao longo dos catro capítulos en que se divide este libro, por unha parte, describe a evolución histórica da dita institución e os antecedentes desta no noso sistema, e, por outra parte, concentra a súa atención en expor e glosar criticamente a regulación que o Código civil contén desa figura
Detalles do artigo
Palabras chave:
doutrina, abuso do dereito, evolución historica, código civil