A Defensoría Veciñal e o seu papel garante do bo goberno local
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 14, 2025
Páxinas: 29-54
Número: Núm. 67 (2024)
Resumo
Este traballo versa sobre a utilidade que ten na Administración local a creación dunha Defensoría Veciñal, como unha ferramenta para previr actuacións arbitrarias que poidan levar a cabo o executivo municipal. Abórdase a regulación que permite a súa creación e como iso se viu ampliado pola lexislación autonómica. Así mesmo, estúdase o réxime xurídico de designación das defensorías, as competencias asignadas e os recursos que se puxeron á súa disposición. Todo iso, co obxecto de poñer en valor unha figura que, malia que descoñecida no ámbito local, pode axudar notoriamente a garantir o bo goberno nas entidades territoriais máis próximas á cidadanía.
Detalles do artigo
Palabras chave:
defensoría veciñal, bo goberno, autonomía local, incompatibilidades, interese xeral, defensor do pobo
Dereitos de autoría