A ideoloxía da perspectiva de xénero

Ignacio Álvarez Rodríguez
https://orcid.org/0000-0001-6873-7269
Resumo

Este traballo é unha reflexión en voz alta, desde o dereito constitucional, acerca dun concepto tan brumoso e controvertido como a perspectiva de xénero. Analízase en primeiro termo o concepto en canto noción pretendidamente xurídica, cuxo estudo transloce unha confusión e indeterminación notorias. En segundo lugar, estúdase como se introduciu esta noción na lexislación igualitaria máis recente. En terceiro lugar, abórdase o concepto na medida en que fixo acto de presenza nalgunhas sentenzas constitucionais, especialmente nalgúns votos particulares. Finalízase cunha reflexión de fondo sobre o problemático da noción desde a óptica constitucional.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Dereito constitucional, Constitución, igualdade, feminismo, perspectiva de xénero