Temos balas de prata contra a corrupción na contratación pública?

Ricardo Rivero Ortega
Resumo

A persistencia da corrupción na contratación pública demostra o fracaso das medidas adoptadas ata agora. A súa insuficiencia explica as exixencias antifraude adicionais na execución dos fondos do plan de recuperación, así como unha nova proposta de directiva sobre corrupción. Este artigo cuestiona que tales reformas legais sexan efectivas sen as ferramentas de intelixencia artificial, aínda que tampouco nos achegarán “balas de prata” se non cambiamos a estratexia regulatoria.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Contratos públicos, corrupción, Dereito Administrativo, intelixencia artificial