Claridade na linguaxe da Administración e colectivos vulnerables na España multilingüe. Especial atención á lingua asturleonesa

Álvaro Rosales Fernández
Resumo

Os xuristas deben asumir que a claridade na linguaxe representa un paradigma do proceso de
lexitimación das normas, xa que os cidadáns deben comprendelas de cara á súa validez e eficacia. Este
feito cobra especial relevancia cando se poñen de manifesto situacións de vulnerabilidade, o cal obriga os
poderes públicos a remover calquera causa de discriminación.1
En suma, a realidade plurilingüe de España representa un reto comunicativo nas comunidades autónomas
con linguas cooficiais, onde hai un dereito de opción lingüística. Ademais, a existencia de territorios
que optaron por un recoñecemento estatutario distinto da cooficialidade obriga a valorar as consecuencias
deste modelo en relación con posibles causas de discriminación.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Linguaxe clara, dereito doado, cooficialidade, multilingüismo, asturleonés