O despregamento da intelixencia artificial nas comunidades autónomas: estudo da pioneira Lei 2/2025, do 2 de abril, para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia

Jesús Ali Tahirí Moreno
Resumo






Neste estudo lévase a cabo unha análise da Lei 2/2025, do 2 de abril, para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia.1 O obxectivo do traballo é dobre: en primeiro termo, preténdese dotar o lector dunha panorámica do texto lexislativo, comentando os aspectos que posúen unha maior significación xurídica. En segundo e último termo, acométese unha revisión crítica da norma, coa finalidade de lles proporcionar aos poderes públicos algunhas recomendacións de lege ferenda que poidan terse en conta en futuras reformas.




 


 





 
 

 


 

Detalles do artigo

Palabras chave:
intelixencia artificial, sector p´úblico, toma de decisións automatizada, dereito administrativo, goberno intelixencia artificial