A actualización da Administración electrónica

Almeida Almeida Corredera

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 21, 2017
Resumo

O primeiro capítulo realiza unha introdución xeral analizando o impacto que a nova regulación supuxo para os dereitos dos cidadáns e o funcionamento das administracións públicas. O seu autor, don Isaac Martín Delgado, reflexiona sobre como, tras a configuración inicial dun dereito dos cidadáns a se relacionaren coas administracións públicas por medios electrónicos, se pasou en contrapartida a unha conversión ex lege do dereito en verdadeira obriga para o administrado, ata configurarse na nova regulación un verdadeiro deber de tramitación exclusivamente electrónica dos expedientes administrativos. A continuación, introdúcenos nos principais elementos que configuran a nova Administración electrónica: sede electrónica.

Detalles do artigo

Palabras chave:
administración electronica, notificación electrónica, rexistros electrónicos, dixital, reforma, tramitación