A posición ordinamental dos regulamentos orgánicos das entidades locais despois da sentencia 214/1989 do 21 de decembro, do Tribunal Constitucional
Main Article Content
Abstract
A sentencia núm. 214/1989, do 21 de Decembro, do Tribunal Constitucional declarou inconstitucionais unha serie de preceptos da LRBRL, e ó fio de tal declaración modificou substancialmente a posición ordinamental dos Regulamentos Orgánicos das Entidades Locais. Ó longo deste traballo tentaremos abordar sumariamente estas cuestións e veremos como o esquema tomado polo Tribunal Constitucional para lle dar solución ó problema que suscita a materia (lexislación básica-lexislación de desenvolvemento ou complementaria) é insuficiente para configurar unha potestade autoorganizatoria efectiva e sen atrancos que vaian reducila a unha simple declaración retórica.
Article Details
Issue
Section
Jurisprudence