Inhibición lexislativa e determinación xurisprudencial do dereito: ¿aplicación retroactiva ou irretroactiva do art. 25 da LDCG en materia de constitución de servidume de paso por usucapión?

Main Article Content

Ramón P. Rodríguez Montero

Abstract

Fronte ó momento temporal en que por obra do movemento codificador se produciu, ó longo do século XIX, a identificación do dereito coa normatividade establecida polo Estado a través da lexislación, o que rompía coa concepción xurispmdencial que o ius commune introducira na cultura xurídica europea ó asignarlle á actividade xurisprudencial unha función simplemente declarativa, e negarlle todo valor creativo no plano da normatividade, pódese constatar actualmente como dato certo o feito de que a realidade normativa tende a presentarse nos actuais sistemas xurídicos continentais na forma que reviste a interpretación xurisprudencial da legalidade

Article Details

Section

Jurisprudence

Most read articles by the same author(s)