A racionalización da organización administrativa local: as experiencias española, italiana e portuguesa
Main Article Content
Abstract
As medidas para reforzar o control financeiro e orzamentario comportaron a aprobación de políticas encamiñadas a reformar a estrutura organizativa local, clarificar as competencias locais e reducir o sector público, especialmente en tres países da Unión Europea: España, Italia e Portugal. Precisamente sobre esta profunda reforma e as súas consecuencias versa a obra que nos ocupa. Profesores e investigadores de universidades españolas, italianas e portuguesas uníronse para estudar os distintos paquetes de medidas lexislativas aprobados polos seus respectivos gobernos no que é un estudo de interese extraordinario para comprender a realidade da Administración local tras a crise económica da primeira década do século XXI.
Article Details
Issue
Section
Recensions