Reflexións sobre o Consello Xeral do Poder Xudicial. Contribución ao debate sobre o sistema de designación dos seus compoñentes

Contido principal do artigo

Modesto Barcia Lago

Resumo

Os avatares que culminaron na constitución do novo Consello Xeral do Poder Xudicial en setembro de 2008, despois de que o anterior se mantivese anomalamente “en funcións” durante dous anos, pola incapacidade, outra vez acreditada, de alcanzarse o consenso constitucional necesario para a renovación en medio dunha bronca situación política, puxeron abruptamente de relevo as graves deficiencias do réxime que o regula. Sen prexulgar o labor dos actuais Conselleiros, parece oportuno facer unha contribución ao debate sobre a cuestión do rumbo de politización distorsionada que se vén advertindo en tan importante Órgano. A iso queren servir as reflexións que seguen.

Detalles do artigo

Sección

Estudos