O Imposto Compensatorio Ambiental Mineiro como tributo propio de Galicia: exame conforme ao ordenamento xurídico da Unión Europea
Contido principal do artigo
Resumo
As facultades normativas das rexións pertencentes aos Estados Membros atópanse limitadas polas disposicións comunitarias. É por iso que mediante o presente artigo farase un estudo consonte ás disposicións do Dereito da Unión Europea dun tributo propio do sistema fiscal galego con finalidade de proteción á natureza como é o Imposto Compensatorio Ambiental Mineiro. Con este fin, efectúase un primeiro momento unha exposición dos diferentes elementos do tributo, tanto de carácter obxectivo como subxectivo para, posteriormente, levar a cabo unha análise do mesmo consonte ao Dereito Europeo da competencia e ás diferentes liberdades de circulación interior proclamdas polos Tratados.
Detalles do artigo
Número
Sección
Comentarios e Crónicas