A colación como operación previa a partición. Distinción de outras figuras afins a mesma
Main Article Content
Abstract
Dentro do dereito de sucesións, chama poderosamente a atención o enorme abano de relacións e de fenómenos xurídicos que se producen ó falecer unha persoa, pero moi especialmente aquelas situacións creadas en vida polo propio causante, ó outorgarlle atribucións gratuítas a algún dos seus herdeiros forzosos, e que en principio podían considerarse como definitivas. Estas non son máis ca unha especie de anticipo do que no momento da apertura da sucesión contará na súa parte, fronte ós demais herdeiros forzosos. Este contar na súa parte no momento da apertura da sucesión implica a previa incorporación ficticia, ideal , do donatum ó relictum, e denomínase colación.
Article Details
Issue
Section
Recensions