Infraccións e sancións
Main Article Content
Abstract
Antes de entrar a analiza-la regulación contida na lexislación urbanística de Galicia respecto das infraccións e sancións, resulta indispensable sinalar que nos movemos dentro da órbita do dereito administrativo sancionador e que, polo tanto, a propia regulación das infraccións e sancións e os correspondentes procedementos, deben respecta-las disposicións contidas no título IX -«Da potestade sancionadora»- da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xa o Tribunal Supremo considerara que o dereito administrativo sancionador debía someterse ós principios básicos do dereito penal.
Article Details
Issue
Section
Comments and Chronicles