Xornadas sobre xustiza penal internacional
Contido principal do artigo
Resumo
A xurisdicción penal internacional é un antigo soño que pouco a pouco se vai facendo realidade. O 17 de xullo de 1998 deuse un grande paso para a súa consecución, coa aprobación, en Roma, do Estatuto da Corte Penal Internacional pola Conferencia diplomática de plenipotenciarios das Nacións Unidas. Este tribunal ten por finalidade a investigación, axuizamento e, se é o caso, o castigo das máis graves infraccións que agriden os bens xurídicos protexidos de alcance universal: os delictos de xenocidio e de lesa humanidade, os crimes de guerra e o delicto de agresión, tal como se recolle no seu estatuto.
Detalles do artigo
Número
Sección
Comentarios e Crónicas