https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/issue/feed Revista Galega de Administración Pública 2026-05-05T00:00:00+02:00 Escola Galega de Administración Pública regap@xunta.gal Open Journal Systems
REGAP é o acrónimo da Revista Galega de Administración Pública, propiedade da Xunta de Galicia e da EGAP, que se encarga da súa edición. Nas páxinas desta publicación, nacida no ano 1992, ofrécese unha visión rigorosa e experta dos problemas de actualidade que afectan ás Administracións públicas. Inclúe estudos e artigos científicos, novas sobre actualidade lexislativa e xurisprudencial, crónicas e bibliografía.

A revista ten como obxectivos:

a) A difusión do coñecemento na área das Ciencias Xurídicas, particularmente do Dereito Público, especialmente galego, nas áreas de Dereito Administrativo, Dereito Constitucional e Dereito Financeiro, mediante a publicación de traballos de investigación e de estudos relacionados co ordenamento e a actividade das entidades que integran o sector público, caracterizados pola súa orixinalidade e calidade.

b) Constituir un vehículo para a reflexión e o debate sobre todo tipo de problemas xurídicos, tanto dende o punto de vista teórico como práctico.

A partir do número 57 do ano 2019, a REGAP iniciou unha nova andaina como revista electrónica utilizando o Open Journal System co fin de cumprir o maior número posible dos criterios de calidade editorial esixidos polas principais bases de datos de indexación de revistas científicas. Paralelamente, realizouse un labor de dixitalización de toda a serie histórica da revista, ofrecendo a posibilidade de consultar a versión electrónica de todos os seus artigos desde o primeiro número ata o 56 do ano 2018.
https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5439 A temporalidade e a estabilización no emprego público: un problema por resolver 2026-03-03T12:51:23+01:00 Miguel Sánchez Morón miguel.sanchez@uah.es
Este artigo analiza o problema do exceso e o abuso das relacións de traballo de duración determinada nas administracións españolas: a súa dimensión, as súas causas, a súa evolución e as medidas legais que se adoptaron para afrontalo. Finaliza con algunhas suxestións para mellorar a situación no futuro.
2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5220 O temoneiro do centro presidencial en Francia. Un estudo sobre a figura do secretario xeral do Elisio (1958-2023) 2025-06-19T17:21:26+02:00 Daniel Casal Oubiña daniel.casal@urjc.es
Desde que a República se institucionalizou como forma de goberno en Francia, a figura do secretario xeral da Presidencia converteuse nunha peza clave para comprender o papel desempeñado pola xefatura do Estado. Desde 1958, a V República implantou un modelo baseado nun esquema semipresidencialista, onde o presidente ten un papel dual como xefe de Estado e como membro dun poder executivo dual, compartido co primeiro ministro. Nesta configuración político-administrativa, o papel do secretario xeral ampliouse como álter ego da presidencia, sendo responsable do seu centro de goberno e coordinador da actividade gobernamental.
2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5412 Novas tecnoloxías e parlamentos 2025-12-19T11:31:50+01:00 Roberto González de Zárate Lorente gdezarate@asambleamadrid.es
As TIC supuxeron unha serie de avances que teñen que ser aproveitados polas administracións públicas e, do mesmo modo, polos poderes públicos para o mellor desenvolvemento das súas funcións.

Neste traballo, por razóns expositivas, ímonos centrar na Administración electrónica, o algoritmo e a intelixencia artificial, sen prexuízo de referencias puntais a big data e a blockchain, e abordaremos, en último termo, a posibilidade da súa implantación nos parlamentos. As cámaras parlamentarias deben adaptarse ao desenvolvemento das TIC, se ben, atendendo á súa natureza singular, cómpre precisar unha serie de matizacións e, en particular, no que se refire á aplicabilidade do réxime xurídico da Administración electrónica.
2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5340 A lingua galega no Estatuto de autonomía de Castela e León 2025-06-26T10:25:45+02:00 Esther Seijas Villadangos anxovarelahernandez@gmail.com
Este ensaio aborda a recepción estatutaria da lingua galega no Estatuto de autonomía de Castela e León. Para iso, procédese a redefinir o marco teórico sobre o que se constrúe a regulación do patrimonio lingüístico dunha comunidade autónoma, evidenciando a importancia dun novo referente como é a extraterritorialidade, fronte á tradicional exixencia de radicación na respectiva comunidade autónoma. Analizaranse as dúas repercusións máis latentes deste, descritas a partir da tensión entre autonomismo cooperativo versus autonomismo competitivo
2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5194 A revisión de oficio dos títulos administrativos habilitantes de natureza urbanística 2024-06-12T18:35:01+02:00 José Ángel Oreiro Romar pepeoreiro@gmail.com
A revisión de oficio é unha institución histórica no noso ordenamento xurídico que ten por obxecto extinguir a eficacia dos actos administrativos en que se produzan ilegalidades graves, coñecidas como causas de nulidade de pleno dereito. Este traballo analiza a aplicación desta institución, e en particular das causas que permiten declarar a nulidade de pleno dereito dun acto administrativo, aos títulos habilitantes de carácter urbanístico.
2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5262 Eleccións galegas 2024: o fracaso do bibloquismo 2025-12-17T17:42:59+01:00 Luis Barreiro Castro luis.barreiro.castro@xunta.es
Neste traballo discútense as posibles causas do fracaso do bibloquismo nas eleccións autonómicas galegas celebradas no ano 2024. Comezaremos estudando as transferencias de votos destas eleccións con respecto ás xerais de 2023, co fin de estimar a magnitude do problema: o PSdG perdeu máis da metade dos votos conseguidos nas xerais de seis meses antes. A continuación, faremos unha tipoloxía de votantes socialistas para dilucidar se esta caída sen precedentes foi debida á distinta natureza dos comicios (voto dual) ou, pola contra, estivo causada por razóns estratéxicas.
2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5319 O control horario nas entidades locais: unha mostra no eido de Galicia 2025-12-17T17:22:06+01:00 Miguel Piñeiro Souto Miguel.pineiro@alaracha.es Óscar Briones Gamarra oscarbriones@uvigo.gal Fernando Martínez Arribas fernando.martinez@uvigo.gal
No presente estudo preténdese coñecer o grao de cumprimento do horario por parte do persoal que presta servizos nas entidades locais de Galicia. Para iso o traballo divídese en dous grandes bloques. En primeiro lugar, expóñense os obxectivos, esbozando o marco teórico que proporcione unha base panorámica da situación dos recursos humanos, singularmente na gobernanza local, para a continuación incidir na normativa reguladora da xornada de traballo e nos parámetros establecidos para o control horario dos efectivos locais. O segundo bloque, aborda o cuestionario enviado a un número representativo e diverso de entidades locais de Galicia, analizándose os resultados remitidos polas devanditas entidades.
2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5325 A intervención das ECCOM na tramitación dos títulos habilitantes de natureza urbanística tras a Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e o Decreto 60/2025, do 21 de xullo 2025-12-17T16:39:46+01:00 Javier López Mera javier.lmera@gmail.com
A Lei 5/2024, de medidas fiscais e administrativas, introduciu modificacións nalgúns aspectos do réxime xurídico das ECCOM, reforzando o seu papel na tramitación de títulos habilitantes urbanísticos. A reforma persegue obxectivos de simplificación administrativa e axilización de prazos; con todo, expón importantes interrogantes en relación coa súa compatibilidade coa reserva de funcións públicas ao persoal funcionario ou respecto a diversos aspectos procedementais. Este estudo examina as implicacións xurídicas derivadas da citada reforma, partindo dos seus antecedentes normativos e analizando as súas posibles repercusións na práctica administrativa.
2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5421 Xurisprudencia contencioso-administrativa 2026-01-07T13:36:22+01:00 Francisco De Cominges Cáceres f.cominges@poderjudicial.es
x
2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5343 Foà, S. (2025). Il nuovo merito amministrativo. Torino, Italia: Giappichelli Editore. 2025-07-01T10:08:40+02:00 Eduardo Marcos Martinez eduardo.marcos.doc@gmail.com 2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5346 ARIAS MARTÍNEZ, M. A. y RIQUELME VÁZQUEZ, P. (dirs.), VILAS VILLAMARÍN, A. (coord.), Juventud y derechos fundamentales. Las personas jóvenes y menores de edad como colectivo vulnerable, Aranzadi, Madrid, 2024 2025-07-19T11:09:15+02:00 Vicente Antonio Sanjurjo Rivo va.sanjurjo@usc.es 2026-05-05T00:00:00+02:00 Dereitos de autoría 2026 Consultar os dereitos de autor