Revista Galega de Administración Pública https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP
REGAP é o acrónimo da Revista Galega de Administración Pública, propiedade da Xunta de Galicia e da EGAP, que se encarga da súa edición. Nas páxinas desta publicación, nacida no ano 1992, ofrécese unha visión rigorosa e experta dos problemas de actualidade que afectan ás Administracións públicas. Inclúe estudos e artigos científicos, novas sobre actualidade lexislativa e xurisprudencial, crónicas e bibliografía.

A revista ten como obxectivos:

a) A difusión do coñecemento na área das Ciencias Xurídicas, particularmente do Dereito Público, especialmente galego, nas áreas de Dereito Administrativo, Dereito Constitucional e Dereito Financeiro, mediante a publicación de traballos de investigación e de estudos relacionados co ordenamento e a actividade das entidades que integran o sector público, caracterizados pola súa orixinalidade e calidade.

b) Constituir un vehículo para a reflexión e o debate sobre todo tipo de problemas xurídicos, tanto dende o punto de vista teórico como práctico.

A partir do número 57 do ano 2019, a REGAP iniciou unha nova andaina como revista electrónica utilizando o Open Journal System co fin de cumprir o maior número posible dos criterios de calidade editorial esixidos polas principais bases de datos de indexación de revistas científicas. Paralelamente, realizouse un labor de dixitalización de toda a serie histórica da revista, ofrecendo a posibilidade de consultar a versión electrónica de todos os seus artigos desde o primeiro número ata o 56 do ano 2018.
gl-ES regap@xunta.gal (Escola Galega de Administración Pública) novas.egap@xunta.gal (Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións) Fri, 11 Jul 2025 12:03:09 +0200 OJS 3.3.0.8 http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss 60 O benestar animal e a neutralidade na educación como límites á liberdade relixiosa https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5231
O obxecto deste traballo consiste na análise de tres resolucións recentes do Tribunal Europeo
de Dereitos Humanos sobre liberdade relixiosa onde se validan as solucións ofrecidas a nivel nacional,
prevalecendo os límites de interese xeral fronte ao exercicio pacífico do dereito.1

Omar Bouazza Ariño Dereitos de autoría 2025 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/copyright https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5231 Fri, 11 Jul 2025 00:00:00 +0200 Tributación dos excesos de adxudicación https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5271
O estudo da tributación dos excesos de adxudicación achéganos á problemática que rodea as
disolucións ou extincións das situacións de condominio, tema complexo e extremadamente casuístico.
A discutida tributación das extincións de condominio deu lugar a diferentes pronunciamentos xudiciais,
e digo diferentes porque neles se deron distintas respostas, que encerran pola súa vez unha diversidade
de cuestións, ningunha delas exenta de polémica. Ao longo destas liñas centrareime principalmente na
postura dos tribunais á hora de resolver recursos contencioso-administrativos contra actos de natureza
tributaria onde a cuestión litixiosa xira arredor da tributación destas formas de pór fin a situacións de
copropiedade.
María Dolores Rivera Frade Dereitos de autoría 2025 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/copyright https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5271 Fri, 11 Jul 2025 00:00:00 +0200 Crónica de xurisprudencia https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5283
Xurisprudencia contencioso-administrativa
Francisco De Cominges Cáceres Dereitos de autoría 2025 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/copyright https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5283 Fri, 11 Jul 2025 00:00:00 +0200 O proceso de garantía para a unidade de mercado. Exame de eficacias e ineficiencias https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5208
Neste traballo procedemos a analizar o proceso especial para a unidade de mercado, creado en
2013 por medio da Lei de garantía da unidade de mercado. O dito proceso xudicial presenta unha serie
de inconvenientes e problemáticas que fomos analizando ao longo deste, de cara a realizar propostas
de lege foerenda tendentes a que, no seu día, poida mellorarse o proceso, o texto regulativo e a calidade
deste.
Luis Miguel García Lozano Dereitos de autoría 2025 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/copyright https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5208 Fri, 11 Jul 2025 00:00:00 +0200 El papel de las diputaciones provinciales desde la perspectiva del gasto y los ingresos: situación actual y potenciales líneas de mejora https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5225
Aínda que se realizaron numerosos estudos en materia orzamentaria e financeira dos concellos en España, prestouse escasa atención ás deputacións provinciais desde esta perspectiva. Esta carencia tamén se observa en Galicia, o que resalta a necesidade de avaliar os gastos, ingresos e a solvencia orzamentaria das catro deputacións provinciais. Este traballo permite identificar, a partir dos dereitos e obrigacións recoñecidas netas publicados polo Ministerio de Facenda, distintos comportamentos respecto a as políticas de gasto de cada entidade, o cal é crucial dada a pequena escala dos municipios en Galicia. Finalmente, sinálanse unha serie de actuacións para mellorar o papel dos entes provinciais en Galicia no marco local desde a óptica orzamentaria e financeira.
Alberto Vaquero García Dereitos de autoría 2025 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/copyright https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5225 Fri, 11 Jul 2025 00:00:00 +0200 Claridade na linguaxe da Administración e colectivos vulnerables na España multilingüe. Especial atención á lingua asturleonesa https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5237
Os xuristas deben asumir que a claridade na linguaxe representa un paradigma do proceso de
lexitimación das normas, xa que os cidadáns deben comprendelas de cara á súa validez e eficacia. Este
feito cobra especial relevancia cando se poñen de manifesto situacións de vulnerabilidade, o cal obriga os
poderes públicos a remover calquera causa de discriminación.1
En suma, a realidade plurilingüe de España representa un reto comunicativo nas comunidades autónomas
con linguas cooficiais, onde hai un dereito de opción lingüística. Ademais, a existencia de territorios
que optaron por un recoñecemento estatutario distinto da cooficialidade obriga a valorar as consecuencias
deste modelo en relación con posibles causas de discriminación.
Álvaro Rosales Fernández Dereitos de autoría 2025 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/copyright https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5237 Fri, 11 Jul 2025 00:00:00 +0200 Vulnerabilidade dos procesos electorais ante o mal uso da intelixencia artificial https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5240
Os procesos electorais democráticos susténtanse na libre formación da opinión pública, baseada en información veraz, plural e contrastada, e expresada libremente mediante o voto. Porén, nun entorno onde resulta cada vez máis difícil discernir entre información veraz e desinformación, e onde as redes sociais están a substituír os medios de comunicación tradicionais como fontes informativas, xorde a pregunta de se a formación da opinión pública continúa a ser verdadeiramente libre. Esta preocupación intensifícase co avance da intelixencia artificial, que permite difuminar a verdade e condicionar a liberdade de elección mediante deepfakes, propaganda computacional e segmentación algorítmica, plantexando un novo desafío para o cal o noso sistema electoral podería non estar adecuadamente preparado.
Irene González Martínez Dereitos de autoría 2025 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/copyright https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5240 Fri, 11 Jul 2025 00:00:00 +0200 Emergency law and disinformation: an analysis of Article 36 of the EU Digital Services Act https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5280
This paper examines how the Digital Services Act (DSA) of the European Union regulates the
specific profile of crisis response by social networks, as defined by Article 36 of the DSA and Whereas 91.
It focuses on the mechanisms through which social networks, in emergency situations, must curb theproliferation of disinformation that risks polluting information flows.
Daniele Marongiu Dereitos de autoría 2025 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/copyright https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5280 Fri, 11 Jul 2025 00:00:00 +0200 Rodríguez-Campos González. O Estado como empresa e a defensa do patrimonio cultural: o marco legal da rede nacional de paradores. https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5289 Carlos de Román Castro Dereitos de autoría 2025 Consultar os dereitos de autor https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/copyright https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/article/view/5289 Fri, 11 Jul 2025 00:00:00 +0200