As ordenanzas de convivencia e a súa relación coa Lei de seguridade cidadá: Quen despraza a quen?

Contido principal do artigo

Lucía Alarcón Sotomayor

Resumo

Nos últimos quince anos un bo número de municipios aprobou as súas ordenanzas de convivencia cidadá . A doutrina e a xurisprudencia acolléronas sorprendentemente ben e, en xeral, non as criticaron como merecían. Todo o contrario aconteceu coa LOPSC, que previu en moitos casos as mesmas infraccións que as ordenanzas, e que, non obstante, si recibiu críticas innumerables e especialmente duras por facer o mesmo que antes fixeron elas. Con todo, unha das maiores debilidades da LOPSC é que ignorara case por completo esas ordenanzas. Nin articulou a súa relación con elas nin enmarcou o seu réxime sancionador. 

Detalles do artigo

Sección

Estudos