Os recursos administrativos

Contido principal do artigo

Pablo González Mariñas

Resumo

É coñecido que a Lei 30/92 naceu cunha pretensión de xeneralidade claramente confesada na súa exposición de motivos, que pregoa a decisión de adapta-lo marco normativo e o réxime xurídico de tódalas administracións públicas ós principios constitucionais. E proclama ademais, respecto da Administración local, que a súa regulación específica contida na Lei de bases «non ofrece dificultade ningunha de adaptación ós obxectivos desta lei e non esixe modificacións específicas». Consonte con isto, o seu artigo 1 estableceu a aplicabilidade das súas disposicións a tódalas administracións públicas, e inclúense obviamente entre estas (no seu artigo 2) as «entidades que integran a Administración local».

Detalles do artigo

Sección

Dossier

Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)

1 2 3 > >>