As deliberacións e os acordos parlamentarios
Contido principal do artigo
Resumo
As disposicións do Regulamento parlamentario que lle afectan ó réxime dos debates e votacións forman parte do que se coriece como «ritualismo parlamentario», aspecto que acada notable relevancia para a garantía dos dereitos das minorías, posto que, como ten subliriado o Tribunal Constitucional, o formalismo nos procedementos parlamentarios é esencial para a correcta formación da vontade das cámaras. Asentado este principio, debe deixarse constancia da prevalencia gobernamental no deseño dos debates parlamentarios, de tal xeito que a través do control da orde do día e das técnicas de limitación e racionalización do debate os gobernos orientan case absolutamente a discusión dos proxectos lexislativos e da actividade parlamentaria
Detalles do artigo
Número
Sección
Comentarios e Crónicas