Xornadas sobre o novo regulamento das telecomunicacións

Contido principal do artigo

Ana Ma Giráldez Riveiro

Resumo

Estamos asistindo ó cambio máis transcendental na ordenación das telecomunicacións que tivo lugar en toda a historia do noso país, un marco no que todo é novo e todo está por facer, onde o grande reto da nosa sociedade será a capacidade de adaptación—. Esta foi a idea central sobre a que xirou o desenvolvemento das xornadas acerca do novo regulamento das telecomunicacións, realizadas na Escola Galega de Administración Pública os días 9 e 10 de decembro de 1998, xornadas que destacaron pola súa especial intensidade, a asistencia dun público especializado e moi interesado, así como pola calidade dos relatores e pola presencia de voces de recoñecido prestixio no mundo das telecomunicacións.

Detalles do artigo

Sección

Comentarios e Crónicas