A Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia

Contido principal do artigo

Heriberto García Porto

Resumo

O obxectivo fundamental da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de Vivenda de Galicia é mellorar as condicións de acceso á vivenda por parte dos cidadáns da comunidade autónoma, construíndo un marco estable no que os dereitos dos usuarios acaden o maior nivel de protección e no que os distintos aspectos do sector se regulen de acordo coa realidade do país e as súas verdadeiras necesidades. Así mesmo, pretende adoptar medidas de reactivación do sector inmobiliario e, ao mesmo tempo, sentar as bases para que, unha vez superados estes momentos difíciles, se dispoña dun sector máis ordenado, profesionalizado e con maior seguridade xurídica para os adquirentes.

Detalles do artigo

Sección

Monográficos