O encadramento xurídico financeiro da administración local
Contido principal do artigo
Resumo
As comunidades autónomas foron as principais beneficiarias deste proceso descentralizador. 0 aumento da participación dos entes locais no gasto público total é pouco significativo. Estas afirmacións adquiren maior énfase se se ten en conta que o proceso de transferencia de competencias estatais ás comunidades autónomas continúa e continuará incrementando significativamente a súa capacidade de gasto. Baste lembrar que as comunidades autónomas chamadas de "vía lenta" non asumiron competencias tan relevantes desde a perspectiva do gasto como a educación ou a sanidade; así, pode resultar ilustrativa a situación de Galicia como autonomía que xa asumiu as competencias citadas.
Detalles do artigo
Número
Sección
Estudos