O imposto sobre a contaminación atmosférica de Galicia

Contido principal do artigo

Luis Manuel Alonso González

Resumo

O aire é un elemento indispensable para a vida e, polo tanto, a súa utilización debe estar suxeita a unhas normas que eviten o deterioro da súa calidade polo abuso ou o uso indebido do mesmo, de tal xeito que se preserve a súa pureza dentro duns límites que non perturben o normal desenvolvemento dos seres vivos sobre a terra nin atenten  contra o patrimonio natural e artístico da Humanidade, que esta xeración ten o deber de protexer para legar un mundo limpo e habitable ás xeracións futuras. O aire, por outra parte, é un ben común limitado e, polo tanto, a súa utilización ou gozo deberá supeditarse aos superiores intereses da comunidade fronte aos intereses individuais.

Detalles do artigo

Sección

Dossier