Xornadas sobre a Lei de dereito civil de Galicia

Contido principal do artigo

Ignacio López-Chaves Castro

Resumo

Unha das peculiaridades que presenta o ordenamento xurídico privado español é a existencia, dentro do seu territorio, de ordenamentos xurídicos diferentes. A orixe desta situación é de carácter histórico. Os diversos reinos que xorden durante a Reconquista vanse rexer por particulares normas de dereito privado. Lacruz sinala que "al iniciarse, tras la invasión árabe, la constitución de los Estados cristianos de la reconquista, se va desarrollando en cada uno de ellos un propio y peculiar derecho civil, constituido por usos y costumbres escritos o no, leyes, sentencias judiciales con fuerza de ley, y preceptos formulados por juristas eruditos sobre la base de textos jurídicos romanos"

Detalles do artigo

Sección

Comentarios e Crónicas