Responsabilidade patrimonial das administracións públicas

Contido principal do artigo

Pablo González Mariñas

Resumo

A aparición no noso Ordenamento xurídico da nova e polémica Lei 30/1992, de réxime e procedemento común, suscitou xa numerosos comentarios críticos na doutrina, que consideran tamén a nova regulación establecida para a responsabilidade patrimonial das administracións públicas. E algo similar ocorre coa normativa de desenvolvemento (R.D. 429/1993) reguladora dos procedementos nesta materia. Faltaba, sen embargo, unha obra que, de maneira global e cun enfoque práctico aínda que non excluinte das consideracións teóricas e categoriais, abordase en conxunto toda a problemática do instituto resarcidor público. Tal como nos ten afeitos en tantos outros sectores do noso ordenamento, Xesús González Pérez cubriu venturosamente esta necesidade.

Detalles do artigo

Sección

Recensións

Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)

1 2 3 > >>