Control escrito e asembleas lexislativas autonómicas. Unha mellora da función parlamentaria?

Contido principal do artigo

Daniel Casal Oubiña

Resumo

O fundamento da transformación do traballo parlamentario moderno explícase pola importancia dos partidos e a extensión das políticas redistributivas, cuxa principal consecuencia é o desprazamento do lexislativo a favor do executivo. Este artigo analiza se o desenvolvemento das asembleas lexislativas nas comunidades autónomas reforzou as cifras de control escrito. Para iso, o artigo analiza a función de control parlamentario, constrúe unha base de datos sobre os mecanismos de control escrito existentes nos 17 parlamentos autonómicos (preguntas escritas e solicitudes de informes) e propón unha modelización dos mecanismos de control escrito en función do seu posicionamento cara ao poder executivo (modelo racional) ou cara ao parlamento (modelo fiscalizador).

Detalles do artigo

Sección

Estudos

Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)