A constitucionalidade da reforma do sistema de execución de sentenzas do Tribunal Constitucional español*

Contido principal do artigo

M.ª Begoña López Portas

Resumo

A Lei orgánica 15/2015, do 16 de outubro, configura un novo sistema de execución das resolucións ditadas polo Tribunal Constitucional español no que cobra un gran protagonismo o Goberno. Unha nova regulación que experimentou numerosas críticas xurídico-doutrinais en termos de oportunidade política, tramitación parlamentaria, extralimitación de competencias, politización ou de medida xurídica innecesaria. Neste artigo estúdanse eses cambios á luz da interpretación que realiza o propio tribunal nas súas sentenzas 185/2016 e 215/2016.

Detalles do artigo

Sección

Estudos