Xornada sobre a responsabilidade patrimonial das administracións públicas
Main Article Content
Abstract
No marco do Estado social e democrático de dereito en que se desenvolven os países da área occidental, a responsabilidade patrimonial do Estado e, dentro del, de tódalas administracións públicas, é unha institución xurídica incuestionable, que en España recibiu tratamento constitucional a través dos artigos 106.2 1 e 121 da Constitución española de 1978. Concretamente, o seu artigo 149.1.18 atribúelle en exclusiva ó Estado a lexislación relativa á responsabilidade patrimonial de tódalas administracións públicas, e admite non só a existencia do réxime de responsabilidade en sentido estricto, senón tamén partindo da premisa de que existen regulacións diferentes para facerlles fronte a distintas situacións lesivas.
Article Details
Issue
Section
Comments and Chronicles