A subdelegación de fomento na provincia de Lugo: José María Moscoso de Altamira, 1833-1834

Main Article Content

Prudencio Viveiro Mogo

Abstract

A primeira metade do século XIX supuxo para España a creba da Monarquía absoluta e o deseño dun modelo de Estado baseado sobre novos principios. Efectivamente, ó longo dos cincuenta primeiros anos da centuria decimonónica asistiremos á consolidación das novas institucións liberais, que marcarán unha ruptura radical co pasado; dunha concepción autocrática do poder, pasaremos a formas representativas de goberno; a ríxida regulamentación económica dará paso á liberdade de mercado e, no eido social, desaparecerán os privilexios do nacemento.

Article Details

Section

Studies