VOSTEDE VAI ACCEDER Á ZONA DE REXISTRO DE FORMADORES E COLABORADORES PARA O CAL DEBERÁ ACEPTAR A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS VIXENTE NA EGAP
1. Vostede acepta que os datos de carácter persoal que se recaben nas seguintes pantallas sexan incluidos, atendendo a súa relación coa Escola, ben:
a. Nun ficheiro, denominado FORMADORES, cuxa finalidade é a de xestionar a prestación dos seus servizos como formador para a Escola Galega de Administración Pública.
b. Ou ben nun ficheiro denominado COLABORADORES, o cal ten como finalidade a xestión administrativa das relacións cos nosos colaboradores así como a información sobre novas actividades e modificacións nas que actualmente participe.
2. Tanto o ficheiro FORMADORES, como o ficheiro COLABORADORES, encóntranse inscritos debidamente no Rexistro Xeral de Protección de Datos, sendo responsable dos mesmos a Escola Galega de Administración Pública.
3. Os destinatarios dos datos persoais recollidos nos debanditos ficheiros é o persoal ó servizo da Escola Galega de Administración Pública, e poderán ser comunicados a outros centros de formación, Consellerías e organismos autónomos para que estas entidades organicen as súas actividades formativas. Así mesmo, os seus datos identificativos, de contacto e de actividade poderán ser presentados no sitio web da EGAP (http://egap.xunta.gal), na revista "Administración y Ciudadanía" e/ou en carteis de anuncio dos eventos da EGAP nos que vostede participe e por tanto serán accesibles por calquera cidadán. Por último, os seus datos poderán ser cedidos á Axencia Tributaria en cumprimento da lexislación vixente.
4. Vostede comprométese a manter actualizados estes datos e, en calquera caso, poderá exercer gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición (sempre dacordo cos supostos contemplados pola lexislación vixente) dirixíndose ó responsable dos ficheiros, esto é, á Escola Galega de Administración Pública no Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela, A Coruña - España, indicando na comunicación "Atención de dereitos LOPD" e xuntando fotocopia do DNI; ou ben con carácter previo a tal actuación, solicitar cos mesmos datos que lle sexan remitidos os impresos que o responsable do ficheiro dispón a tal efecto.
5. A non aceptación da presente política de protección de datos conleva a imposibilidade de acceder ó Rexistro de Formadores e Colaboradores da EGAP.
6. Todo o anterior infórmaselle en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal. |