Internacionalización nos sistemas universitarios rexionais españois: situación actual e propostas de mellora
Contido principal do artigo
Resumo
Como consecuencia do proceso de adecuación do sistema de educación superior ao proceso de Boloña, a Universidade española está a experimentar unha serie de importantes cambios que lle afectarán ao seu funcionamento. Un dos máis relevantes é a necesidade de potenciar os fluxos de mobilidade da comunidade universitaria no nivel internacional. O obxectivo deste traballo é analizar o grao de proxección internacional dos sistemas universitarios rexionais, nun intento de sinalar que comunidades autónomas están a realizar un maior esforzo neste campo. Desta forma poderase identificar cales son os factores de natureza institucional, xeográfica, financeira, etc., que poden determinar a mobilidade universitaria internacional en España.
Detalles do artigo
Número
Sección
Artigos