Que podemos esperar dos fondos europeos?

María Cadaval Sampedro
http://orcid.org/0000-0001-7948-6004
Alberto Vaquero García
http://orcid.org/0000-0002-8697-4847
Resumo

Os fondos europeos concibíronse como o instrumento económico comunitario máis importante para conseguir a reconstrución europea tras a pandemia da COVID-19. O seu obxectivo concrétase en relanzar a economía da UE buscando un modelo máis moderno, sustentable e resistente. Para España estes fondos poden supor unha inxección económica de 140.000 millóns de euros, entre transferencias e préstamos, ata 2026. Dada a súa importancia cualitativa e cuantitativa, cómpre realizar un exercicio de reflexión acerca do que se pode esperar destes fondos, así como un avance sobre a súa execución en 2021.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Políticas públicas, fondos europeos, recuperación, crecemento económico