A lei para promove-la conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras
Main Article Content
Abstract
A maternidade e a atención á familia constitúen dúas condicionantes dunha importancia sobresaliente no acceso, o mantemento e a promoción no emprego das mulleres. Con respecto á maternidade, a súa dificultade de compatibilizar esta cos ditos obxectivos laborais resulta sorprendente: non só se trata dunha experiencia absolutamente común, senón que ademais desempeña unha función social de capital importancial Sen embargo, un breve repaso ás condicións de traballo nas empresas pon de manifesto o fracaso na tarefa de harmoniza-lo traballo asalariado coas responsabilidades maternais e parentais, harmonización que constitúe unha necesidade primaria para a maior parte das familias.
Article Details
Issue
Section
Comments and Chronicles