• Revista A&C

    Administración & Cidadanía nada en 2006 é unha revista semestral que publica traballos relacionados coas Administracións e as políticas públicas. A Revista A&C ten como obxectivo a difusión do coñecemento nas áreas das Ciencias sociais e xurídicas polo que se dirixe tanto ao personal das Administracións públicas e personal docente e investigador como a profesionais do sector privado que desenvolvan as súas actividades nestes eidos. Ao adoptar unha estratexia interdisciplinaria, Administración & Ciudadanía contribúe a reflexión e debate sobre todo tipo de problemas políticos, sociais e económicos tanto dende unha perspectiva teórica como práctica. O portal dixital A&C publícase en galego, español e inglés, se ben os traballos presentados poden estar escritos en galego, castelán, inglés, alemán, francés, portugués e italiano.


    A partir do volumen 14 número 2 do ano 2019, a Revista A&C iniciou unha nova andaina como revista electrónica utilizando o Open Journal System co fin de cumprir o maior número posible dos criterios de calidade editorial esixidos polas principais bases de datos de indexación de revistas científicas. Paralelamente, realizouse un labor de dixitalización de toda a serie histórica da revista, ofrecendo a posibilidade de consultar a versión electrónica de todos os seus artigos desde o primeiro número ata o volumen 14 número 1 do ano 2019.

  • Revista Galega de Administración Pública

    REGAP é o acrónimo da Revista Galega de Administración Pública, propiedade da Xunta de Galicia e da EGAP, que se encarga da súa edición. Nas páxinas desta publicación, nacida no ano 1992, ofrécese unha visión rigorosa e experta dos problemas de actualidade que afectan ás Administracións públicas. Inclúe estudos e artigos científicos, novas sobre actualidade lexislativa e xurisprudencial, crónicas e bibliografía.


    A revista ten como obxectivos:


    a) A difusión do coñecemento na área das Ciencias Xurídicas, particularmente do Dereito Público, especialmente galego, nas áreas de Dereito Administrativo, Dereito Constitucional e Dereito Financeiro, mediante a publicación de traballos de investigación e de estudos relacionados co ordenamento e a actividade das entidades que integran o sector público, caracterizados pola súa orixinalidade e calidade.


    b) Constituir un vehículo para a reflexión e o debate sobre todo tipo de problemas xurídicos, tanto dende o punto de vista teórico como práctico.


    A partir do número 57 do ano 2019, a REGAP iniciou unha nova andaina como revista electrónica utilizando o Open Journal System co fin de cumprir o maior número posible dos criterios de calidade editorial esixidos polas principais bases de datos de indexación de revistas científicas. Paralelamente, realizouse un labor de dixitalización de toda a serie histórica da revista, ofrecendo a posibilidade de consultar a versión electrónica de todos os seus artigos desde o primeiro número ata o 56 do ano 2018.