Revista Galega de Administración Pública
ISSN 1132-8371
REGAP é o acrónimo da Revista Galega de Administración Pública, propiedade da Xunta de Galicia e da EGAP, que se encarga da súa edición. Nas páxinas desta publicación, nacida no ano 1992, ofrécese unha visión rigorosa e experta dos problemas de actualidade que afectan ás Administracións públicas. Inclúe estudos e artigos científicos, novas sobre actualidade lexislativa e xurisprudencial, crónicas e bibliografía.
A revista ten como obxectivos:
a) A difusión do coñecemento na área das Ciencias Xurídicas, particularmente do Dereito Público, especialmente galego, nas áreas de Dereito Administrativo, Dereito Constitucional e Dereito Financeiro, mediante a publicación de traballos de investigación e de estudos relacionados co ordenamento e a actividade das entidades que integran o sector público, caracterizados pola súa orixinalidade e calidade.
b) Constituir un vehículo para a reflexión e o debate sobre todo tipo de problemas xurídicos, tanto dende o punto de vista teórico como práctico.
A partir do número 57 do ano 2019, a REGAP iniciou unha nova andaina como revista electrónica utilizando o Open Journal System co fin de cumprir o maior número posible dos criterios de calidade editorial esixidos polas principais bases de datos de indexación de revistas científicas. Paralelamente, realizouse un labor de dixitalización de toda a serie histórica da revista, ofrecendo a posibilidade de consultar a versión electrónica de todos os seus artigos desde o primeiro número ata o 56 do ano 2018.
Número activo
Núm. 66 (2023)